21 oct 2011

Kamikaze


Guion e debuxo: Satoshi Shiki

Editorial: Norma editorial

Xénero: Seinen

Kamikaze golpea con forza. O traballo de Satoshi Shiki conseguiu levantar a popularidade da revista xaponesa Afternoon, converteuse nun éxito instantáneo e a súa espectacularidade xa cativou os lectores españois.


A historia comeza mil anos atrás cando 88 criaturas descenderon sobre a Terra, ameazando a humanidade. Cinco guerreiros elementais, os membros de puro sangue das tribos da mística Kegai Matsurowanu non Tami, combateron contra elas.
Xusto cando estaban sendo enviadas a unha prisión dimensional, as bestas maldiciron os guerreiros do ceo, vento e lume co fin de que algún día os seus descendentes se sentisen atraídos á liberación das Bestas e así asegurarse de que os demos tivesen outra oportunidade para destruír a humanidade.

No Xapón actual, os descendentes malditos dan as costas aos guerreiros da Terra e a Auga para buscar as portas da prisión dimensional que manteñen as 88 bestas e liberalas. A historia segue a Mikogami Misao, a "Doncela de Auga", o sangue da cal pode abrir a prisión que mantén as 88 bestas lendarias e Ishigami Kamuro, o guerreiro da Terra e o seu protector.
Loitas a grande escala, mestura de ciencia ficción e artes marciais, unha serie que non te podes perder e da que xa podes gozar completa cos seus 7 magníficos tomos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario