Edita: Norma
Género: Shojo-ai
Co Tomo 8 temos completa a serie Venus Versus Virus, en que as Venus son unha parella de rapazas, a típica estudante que descobre os seus poderes, e outra non tan típica no seu vestido de Gothic Lolita que rexenta unha tenda de roupa gótica, e como ambas as dúas enfróntanse aos Virus, unha infección que afecta aos humanos e que os transforma en seres medio zombie.
Para os amantes tanto do gótico, coma dos monstros, como da acción, como do Yuri, este manga queda sempre un pouco curto, aínda que non sexa malo. O debuxo e a acción son claros e doados de ler, a estética é agradable, pero ao final todo nel, incluíndo trama e desenvolvemento, resulta demasiado xenérico, nada destaca, e queda todo nun ben que non chega a notable, pero que se deixa ler sen problema.
Hai unha versión en anime próxima ao manga e tamén cortita, de só 12 episodios.
En canto á controversia cos termos Shojo e Yuri, este manga simplemente narra a estreita relación entre dúas rapazas contra un inimigo común, pero sen que en ningún momento traspase os límites da
amizade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario