Remata o verán, chega Setembro, e con el as chuvias, pero se hai que quedar na casa, que sexa en compañía de boa lectura.
Panini recompila en "Civil War: Preludio" as 160 pags. dos Illuminati e todas as repercusións que traerán ao universo Marvel.
"Marvel Zombies: O Regreso": A saga que empezou como o máis divertido que saíu da Casa das Ideas en moito tempo foi perdendo faísca volvéndose cada vez máis previsible e eslamiada. Esta entrega témome que queda "só para fans".
A Cúpula saca do máis profundo dos seus alxubes "Fuzztoons The Masters Cut Vol.2" de Patrick Frisch aka o Home Mosca, co resto de material anterior ao World Of FuzzToons que tanto nos fai rir a todos os que dedicamos tantas tardes a tirar dados cos colegas.
Norma tráenos "The Darkness / Pitt": a imparable creación de Dale Keown volve tan espectacular e cheo de forza como sempre, esta vez para axudar a Jackie Estacado a acabar con certa praga non morta do espazo exterior. Imprescindible.
"Mysterius El Increíble" de Jeff Parker e Tom Fowler é unha especie de mago-médium-vividor con poderes paranormais que se enfronta a fantasmas e demos con máis humor que terror, cun debuxo semi caricaturesco que lle dá un aire moi peculiar á historia.
En "Castillo de Arena", de Pierre Oscar Lévy e Frederik Peeters, o autor de "Píldoras Azules" ilustra un guión cinematográfico tan surrealista como inquietante. Edita Astiberri.
Planeta edita "The Haunt", con guión de Robert "Los Muertos Viventes" Kirkman e debuxos de Greg "Spawn" Capullo, axudado polo mexicano Francisco Plascencia e o mismísimo Todd McFarlane, nunha especie de mestura dos seus 2 personaxes favoritos: Spawn e Spider-Man.
"Clásicos DC: Nuevos Titanes" é a edición de luxo que recompila toda a traxectoria de dous veteranos como Marv Wolfman e George Perez envorcados nun grupo de superheroes xa clásicos.
Xa vos falamos de "Los Caminantes" de Carlos Sisi, que rivaliza con "Apocalipse Z" de Manel Loureiro como o mellor que se escribiu de Zombies por aquí. Debido ao seu éxito, Dolmen adiantou a estrea de "Necrópolis", a súa segunda parte, que xa está dispoñible, e podedes ler as primeiras 50 páxinas en http://www.dolmeneditorial.com/wp-content/uploads/LC2_PDF-1-50.pdf
No hay comentarios:
Publicar un comentario