21 ago 2010

Thunderstone



Creador: Mike Elliott
Edita: Edge

Edge non se durmiu nos loureiros este verán e segue sacando cousas para a xente que non quere pasar todo o seu tempo libre en na praia.
E tráenos un xogo totalmente recomendable: Thunderstone, un novo xogo de cartas de fantasía similar en aspecto externo ao Magic pero moito máis similar en concepto ao sistema de deseño de mazo reinventando no imprescindible Dominion, do que xa vos falamos.

Neste caso teremos que crear o noso mazo a partir dunha serie de obxectos, heroes e monstros tomados ao chou de entre as 500 cartas incluídas na caixa, e a partir de aí imos escollendo como mellorar os nosos heroes con obxectos e para matar monstros cada vez máis perigosos.



É como xogar ao Diablo o a un Dungeon Crawler tipo Hero Quest ou Descent, pero con cartas.

Pros: Deseño, debuxos, ambiente, variedade, sinxeleza, posibilidades, rejugabilidad.
Contraás: Non é rápido de montar e recoller, pode haber paróns (Análise Parálise = hai que pensar a túa quenda mentres xogan os demais), que non che guste nada das outras referencias comentadas.

Conclusión: Se Magic se che fai demasiado complicado e Dominion non che fai graza, proba este, á túa noiva e os teus amigos menos iniciados gustaralles.

No hay comentarios:

Publicar un comentario