15 dic 2011

Xuíz Dredd. Orixes


A obra desta semana, goza do debuxo persoal e inconfundible de Carlos Ezquerra, que unido ao sólido guión de J.Wagner é un cómic que hai que ler. Recordamos que Ezquerra e Wagner crearon toda a iconografía do personaxe de Xuíz Dredd, así que a súa súa visión é a orixinal e xenuína.



Xuíz Dredd "orixes" é un cómic imprescindible para os seguidores deste personaxe, pero para os que non o son tamén, pois nos conta de xeito directo e sen tapuxos as miserias humanas ás que pode levarnos unha apocalipse non moi afastada no tempo e motivada por líderes ávidos de poder, algo non moi lonxe da realidade actual. O volume recopila varios números da saga deste personaxe (2000 AD n. 1505) onde nos contan a orixe dos xuíces, o xurdimento da xustiza instantánea, a creación das megacidades e o segredo de que sucedeu realmente co Xuíz Fargo, o primeiro Xuíz do departamento de xustiza en Megacity One.

Cunha narrativa impecable, Wagner traballa en paralelo duas historias, unha chantaxe na actualidade e un flashback histórico, que conflúen finalmente nunha única liña temporal, unindo o pasado e o presente, mostrándonos como eran os EE.UU. antes da Apocalipse atómica e mesmo explicándonos o porque do devandito final.


Unha viaxe á terra maldita explica a orixe dos xuíces e a dureza dun mundo producto da miseria humana cun estilo moi de películas como Mad Max

Podemos mesmo observar un Xuíz Dredd neno, que xa despuntaba polas suas cualidades para impartir xustiza e que xa se despachaba con facilidade con mutantes e militares ben armados e abastecidos, unha chulada vamos.

Este volume recupera as historias que dende o 13 de Setembro están a realizar os propios creadores do personaxe na revista 2000 AD e que culminarán ao cabo de 6 meses co 30 aniversario do personaxe en Febreiro.

En definitiva un cómic cuxo guión, unha vez empezado, resúltache de lectura obrigada, ademais de que os seus autores son os creadores do Xuíz Dredd.

Non te perdas esta xoia de Kraken Ediciones, cunha portada, por certo, de Brian Bolland, impecable como sempre.

No hay comentarios:

Publicar un comentario