1 jul 2011

Ultimo

Guión e debuxo: Stan Le e Hiroyuki Takei

Editorial: Panini manga

Xénero: Shonen

Comezou a publicarse en Xapón en 2008. Creado entre Stan Le, o  creador de superheroes como Spider-Man e X-Men, e o mangaka Hiroyuki Takei, creador de Shaman King.



Kioto, século XII. Yamato é un bandido que asalta un estraño comerciante que transporta dúas marionetas primorosamente fabricadas... ¡cando para a súa sorpresa se poñen en movemento!
Nove séculos despois, un estudante de bacharelato tamén chamado Yamato vólvese topar con estas estraños bonecos que responden ao nome de "infantes autómatas" ou karakuridôji.

Ultimo e Vice son dous destes infantes, encarnacións do ben e o mal respectivamente, que terán que enfrontarse nunha dura batalla por ver cál dos dous principios prevalece no ser humano.

Primeiro manga de Stan Le, o creador do Universo Marvel. Unha novidade de Panini á que inevitablemente hai que botarlle un ollo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario