2 jul 2011

Leyenda de los 5 Anillos 4ª Ed.

Finalmente xa chegou a España a última edición da Lenda dos Cinco Aneis, acompañada por certa polémica debido ao saldo da edición anterior sen que se chegasen a publicar todos os seus suplementos.



O libro en si é un tomo xigantesco de 400 páxinas a toda cor encadernada en tapa dura. As marxes son bastante amplas, pero en lugar de restarlle valor ao libro, o que realmente fai é realzar o texto.

E eses margenes tamén enmarcan un apartado gráfico sobresaínte nesta edición, con fondo de páxina de estilo japones, ademais de ilustracións procedentes dos artistas habituais da editorial.

O xogo en si non difire do presentado en edicións anteriores, cun mundo de fantasía oriental (aínda que demasiado influenciado por Xapón para o meu gusto). O xogo presupón que se vai xogar cun samurai, xa sexa un bushi (guerreiros), cortesán ou shugenja (lanzador de conxuros).  A creación de personaxe permanece case inalterada, a escoje un clan, familia e escola, que determina as estatísticas que reciben bonificacións ao seu valor inicial, as habilidades que se coñecen de inicio e o equipo co que se comeza o xogo.

Na creación de personaxes preséntanse unha grande cantidade de regras opcionais, o Clan Araña, os clans menores, as familias Imperiais, como xogar con Ronin, o maho, katas, escolas superiores, as opcións para representar o xero do anime ou do cinema... e a lista segue e segue.  Algúns destes artigos amplíanse en libros posteriores, polo que poden ser presentados de forma un tanto breve, pero serven para abrir o apetito.

Ao final do manual inclúese un apartado con criaturas e bestas de Rokugan, un tanto escaso xa que o deixaron para o manual dos inimigos do Imperio.

En xeral, pódese considerar a esta edición un excelente xogo. O libro é fermoso, xa sexa pola súa maquetación ou as súas ilustracións. As regras de xogo son sinxelas, de feito un pouco simplificadas con respecto á edición anterior. O manual preséntase ademais seguindo un estilo máis libre que nas súas edicións anteriores, deixando máis liberdade ao director de xogo para deseñar a campaña ao seu gusto.

Edge Entertainment
Libro a toda cor, Cartoné
400 Páxinas
49,95 €

No hay comentarios:

Publicar un comentario