15 jul 2011

A biblia manga

Guion e debuxo: Siku

Editorial: Panini manga

Se público por primeira vez no 2008. O autor deste manga é coñecido como Siku, sendo unha das novas promesas de debuxantes do Reino Unido e  traballando noutros cómics da editorial Marvel, e mesmo nalgunhas publicacións españolas (Mega multimedia) e alemás. Tamén traballou como director visual na compañía de videoxogos Elixir Studios e realizou un cómic sobre Caín e Abel.




Con esta adaptación da biblia preténdese difundir a mensaxe bíblica entre a poboación de 15 a 25 anos, segundo publica The Estafes. O obxectivo de Siku é que o libro sirva como guía inicial para novos lectores da Biblia.

Nel, os lectores atopan os personaxes históricos transformados en superheroes, falando cunha linguaxe parecida ao dos adolescentes e vestindo segundo as últimas tendencias de moda beduína.

Tanto a Igrexa anglicana como a de Inglaterra aceptaron esta versión e consideran que é unha boa idea presentar a Jesucristo como un superheroe. Tamén recoñeceron que haberá a quen lle desagrade, pero "o importante é que mantén a mensaxe da Biblia".


Constase de 2 volumes, o primeiro deles cubrirá o Antigo e parte do Novo Testamento cunhas 219 páxinas, mentres o segundo tomo será algo menos groso, abranguendo o resto do Novo Testamento nunhas 96 páxinas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario