22 jul 2011

Poguri

Guion e debuxo: Isami Nakagawa
Editorial: Glénat
Xénero: Seinen

Poguri é unha criatura vagamente semihumana -polo que parece, trátase dun neno- as aventuras cotiás da cal non son as aventuras cotiás de calquera persoa normal: e é que o universo de Poguri ten as súas propias regras.




As historietas dunha páxina deste peculiar autor, foron recompiladas máis tarde nun tomo único pola Editorial Kodakawa. Son as mesmas que recolle agora Edicións Glénat: cada páxina impar contén un gag dunha sutileza que non frea o seu efecto hilarante, e ao mesmo tempo destila unha tenrura apta para todos os públicos; mentres as páxinas pares acollen ilustracións en splash page que, pasadas seguidas, conforman un flipbook, isto é, unha secuencia animada.

Unha mordaz e divertidísima recompilación de historietas cómicas de tinguidura surrealista coas que Nakagawa nos transporta a un mundo moi persoal, mesturando con mestría o absurdo, a crueldade e a poesía. Non sabemos se Poguri vén doutro planeta ou outra dimensión, pero é evidente que vive nun universo que non é o terrestre, onde os morcegos chupan electricidade, os paxaros cociñan sushi e os camelos fan os seus tobos debaixo das árbores.
Non obstante, as emocións de Poguri son as dun neno normal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario