Devir tráenos nesta ocasión o mundo de campaña de D&D 4 e do ano 2010: Dark Sun (Sol Oscuro). Creada a principios dos anos 90 para AD&D 2ª Edición, Sol Oscuro debía ser un cambio coas ambientacións máis tradicionais de TSR, polo que se creou un mundo brutal e salvaxe como nunca se publicara.
Orixinalmente creados polos halflings (se, os halflings), os humanos descubriron o uso da maxia arcana). e con ese coñecemento emprenderon unha cruzada para librarse das demais razas, devastando o mundo no proceso. Hoxe Athas é un mundo de area e cinzas, con restos de civilización vivindo nas cidades gobernadas polos poderosos e tiránicos reis feiticeiros. A maxia é escasa, ao igual que o aceiro, e a psiónica goberna o mundo.
A nova edición enfrontábase a un complexo desafío, xa que tiña que adaptar un mundo onde a maxia é escasa a un sistema onde precisamente este elemento é habitual. Os cambios inclúen introducir dúas novas razas, os mestizos Mul, os insectoides thri-kreen - e reinventar o resto das razas. Outros cambios inclúen a escaseza de metal, polo que moitas armas e armaduras están fabricadas de óso madeira e pedra, con regras específicas sobre a súa posible rotura.
O libro preséntanos ademais os temas de personaxe, que buscan engadir maior complexidade e profundidade, engadindo un arquetipo que nos axude a definir mellor o personaxe. En esencia son como senllas de parangón pero de baixo nivel. A maxia arcana tamén cambiou un poco. En Sol Oscuro hai dous forma de practicala, preservando a terra ou profanándoa. A maxia preservadora é menos poderosa pero non dana o ambiente. En cambio, a maxia profanadora extrae a enerxía vital da terra deixando detrás de se un rastro de cinza. Ou polo menos iso é o que facía en AD&D. Porque en cuarta limítase a repetir unha tiraxe de ataque. E sinceramente un poder que moldeou un mundo enteiro merecía un trato "mellor". Á fin e ó cabo creou o universo apocalíptico do Sol Oscuro actual.
Aquí é onde reside o que para mi é o principal problema de Sol Oscuro para 4ed., e é que os deseñadores adaptaron o mundo ás regras de xogo, en lugar de facelo ao revés, como en edicións anteriores, o que dá lugar a un mundo moi descafeinado con respecto ao seu predecesor. Aos novos xogadores seguramente isto non lles supoña un problema, pero se xa coñeces Sol Oscuro , esta nova edición saberache a pouco.
En resumidas contas, Sol Oscuro é un completo manual para xogar no brutal mundo de Athas, con opcións bastante interesantes para xogar a 4ed, e que dado o carácter desta nova edición, moitas poderás empregar nas túas propias campañas de xogo.
Guía de Campaña de Sol Oscuro
224 paxinas
30 euros
17 abr 2011
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario