Unha pregunta interesante, porque é difícil poñerlle prezo a unha criatura tan maxestosa... e perigosa. Pero o seu tesouro seguro que é máis doado de cuantificar...
E iso é o que fixo un colaborador da edición dixital da revista Forbes, que a través do seu blog se atreveu a dar un prezo ao tesouro dun dragón, pero non un calquera, senón ao do mismísimo Smaug del Hobbit
http://blogs.forbes.com/michaelnoer/2011/04/06/how-much-is-smaug-tolkei-dragon-worth/ (en inglés)
É un articulo bastante interesante, e os seus cálculos (que recordemos que son hipótese) son bastante cribles. Pero se non o queredes ler o tesouro de Smaug vale a friolera de 8.6 billóns de dolares (se, billóns con b). E dado que son billóns americanos isto son 8.600.000.000 $ e en euros son 5.937.440.000 €
Bastante rico o señor Smaug.
Pero imos darlle outro enfoque a isto, ¿e en moedas de ouro canto é? É dicir, nos nosos xogos de rol ¿canto valería o tesouro de Smaug?.
Poderiamos coller directamente a cantidade de moedas de ouro, pero en cada xogo podería ter un valor diferente. Así que vou comparar directamente o custo en ouro, empregando para iso o Dungeons & Dragons.
En D&D unha barra de ouro dunha libra equivale a 50 mo, e segundo os cálculos que fixeron no blog a suma de ouro é: 2,8 millóns de onzas de ouro x 1423.8 $/onza =3.986.640.000 $
Cunha sinxela regra de tres calculas a canto equivale o $ en moedas de ouro (mo):
3.986.640.000 => 875.0000 mo
1 $ => x mo
polo que x= 0.00022 mo/$
Abreviando, dado que o total do tesouro de Smaug son 8.6 billóns de $, e asumindo que son billóns norteamericanos:
8.600.000.000 $ x 0.00022 mo/$, dános que o
tesouro de Smaug está valorado en: 1.892.000 mo, o que non está nada nada mal.
Pero ¿quen viu un tesouro de case 2 millóns de moedas de ouro? Eu non, nin sequera me enfrontei a un dragón vermello venerable. Así que vou buscar dragóns vermellos venerables nas diferentes edicións de D&D para comparar os seus tesouros.
Comecemos con AD&D 2ª Ed. Farcluun, o Dragón vermello ancián de Greyhawk Ruins ten un tesouro de 328.270 mo, moi lonxe de Smaug. Aínda que na súa defensa hai que dicir que no seu tesouro hai 13 obxectos máxicos, o que para AD&D é un tesouro moi valioso.
En 3.5 un dragón vermello Gran Wyrm de ND 21 ten un tesouro de 360.000 mo. Non obstante, e segundo o manual, se se xoga unha campaña de high-fantasy, dóbranse estes valores. Se consideramos El Señor de los Anillos como alta fantasía, teriamos un tesouro de 720.000 mo, algo máis preto de Smaug.
En 4ª Ed., Infernus de nivel 22 ten un tesouro valorado en 276.001 mo, moi moi lonxe de Smaug. Parece que a nova edición o hei a sentado moi ben aos tesouros dos dragóns.
Por último quería comentar o caso de d20 Moderno, que no seu suplemento de Magia Urbana fala de unir D&D co mundo real. E quero comentar este xogo porque no figura unha equivalencia directa entre moedas de ouro e dolares, cunha taxa de cambio de 1 mo =20 $, ou o que é o mesmo 1 $ =0.05 mo, o que obrigaría a recalcular o tesouro de Smaug:
8.600.000.000 $ x 0.05 mo/$ = 430.000.000 mo, o que sería unha barbaridade.
Así que o tesouro dun dragón varía segundo as edicións, así que se eu fose aventureiro e non tivese a Smaug preto, preguntaría con que regulas estamos a xogar antes de enfrontarme a unha besta tan poderosa se o que busco é converterme en millonario.
10 abr 2011
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario