16 abr 2011

Aventureros al Tren



Autor: Alan R. Moon
Edita: Edge

Hai tres xogos que se consideran os mellores para introducir familias, noivas e non xogadores en xeral aos xogos de mesa: Colonos de Catán (o favorito da miña sogra), Carcassone (e as súas numerosas ampliacións) e o que máis apaixonou a todos aos que llelo ensinei (incluída xente de 70 anos que odia calquera outro xogo): Viaxeiros ao Tren.

A miña versión favorita é a de Europa, con túneles, estacións e ferrys, pero calquera é igual de divertida: Colles 1 ticket longo e de 1 a 3 curtos (o título orixinal é Ticket To Ride) e pos os teus trens unindo rutas entre cidades con vagóns na cantidade e cor indicados polo mapa. A locomotora é comodín, e en canto a alguén lle quedan só dous trens, última rolda e a recontar !

Xeografía, sinxeleza, tensión, bloqueos, decisións... encantaralle ata á tía Enriqueta!



Ademais acaba de saír unha ampliación que engade a calquera versión estratexia, interacción e piques: Alvin e Dexter. Poderemos cambiar a locomotora por unha carta de Alvin (o marciano) ou Dexter (o dinosauro) para movelo de cidade, e non se poderán poñer trens que cheguen ou saian dela.
Ao final do xogo, as rutas que pasen pola devandita cidade valen a metade, e o teña máis cartas de cada un gana outros 15 puntos. Imprescindible en calquera casa !
[Edu Gorende]

No hay comentarios:

Publicar un comentario