30 abr 2011

Small World



Autor: Philippe Keyaerts
Ed: Edge

A semana pasada falabamos do marabilloso "Aventureiros ao Tren". Outro dos xogos máis famosos editados por Days Of Wonder é "Smallworld", un xogo de conquistas sinxelo e simpático, sucesor do "Vinci" do mesmo creador.

Colócanse ao lado do taboleiro (hai 4 taboleiros dependendo do nº de xogadores, de 2 a 5) aleatoriamente 5 combinacións entre as 14 razas e 20 poderes, escollemos un e... a conquistar ! Cada quenda ou seguimos expandindo a raza actual ou poñémola en declive e escollemos outra nova combinación.

Todo o deseño é accesible e amigable, de tema fantástico-medieval pero con ton humorístico e familiar. Moitas pezas, moedas e fichas, pero a caixa permite ter todo ordenado sen bolsas.
Doado e rápido de ensinar e xogar, con follas explicativas de razas e habilidades para ler e escoller por todos os xogadores. Pode facerse un pouco "inxenuo" ou eslamiado, pero hai varias ampliacións con máis razas e habilidades para achegar máis variedade. Paga a pena probalo.
[Edu Gorende]

25 abr 2011

Citas Abril-Maio




IV Semana de Poesía Salvaxe de Ferrol
Do 27 ao 30 de Abril, 3 días de palabra encarnada en diversos lugares emblemáticos da nosa cidade
http://www.poesiasalvaxe.com

Expotaku Coruña
Del 20 ao 22 de Maio en ExpoCoruña o 2º Salón do Manga de Galicia, con stands, exposicións, concursos, cosplay, karaoke, dobraxe, videoxogos, conferencias e moitas máis actividades.
http://www.expotaku.com/a-coruna

Axenda Cultural Primavera
Xa dispoñible a axenda cultural do Concello de Ferrol para esta primavera
http://www.ferrol.es/documentos/Programacion_PRIMAVERA2011_baja.pdf

Primavera de Cinema
Todos os mércores ás 20:30 no Cinema Duplex de Ferrol unha curtametraxe + unha película en versión orixinal subtitulada (como deberían ser todas) de balde
http://www.ferrol.es/documentos/Programacion_Primavera_de_Cine_2011.pdf

E volvémosvos recordar que o Circo dos Horrores está en Coruña ata o 17 de Maio
http://www.circodeloshorrores.com/es/inicio

24 abr 2011

El Rastro de Cthulhu

Lovecraft é un autor a obra do cal foi adaptada con grande aceptación no xogo La Llamada de Cthulhu aínda que a súa influencia se viu en máis dun xogo, sen importar que fose de terror, fantasía ou ciencia ficción.


Un xogo como La Llamada é unha sombra demasiado alongada, polo que deseñar un xogo de terror baseado no universo creado por Lovecraft non é tarefa sinxela.
Pero Kenneth Hite, un deseñador de xogos coñecido polas súas obras de carácter máis "independente" decidiu abordar a tarefa usando para iso o sistema de regras creado por este, o GUMSHOE.

17 abr 2011

Guía de Campaña de Sol Oscuro

Devir tráenos nesta ocasión o mundo de campaña de D&D 4 e do ano 2010: Dark Sun (Sol Oscuro). Creada a principios dos anos 90 para AD&D 2ª Edición, Sol Oscuro  debía ser un cambio coas ambientacións máis tradicionais de TSR, polo que se creou un mundo brutal e salvaxe como nunca se publicara.


Orixinalmente creados polos halflings (se, os halflings), os humanos descubriron o uso da maxia arcana). e con ese coñecemento emprenderon unha cruzada para librarse das demais razas, devastando o mundo no proceso. Hoxe Athas é un mundo de area e cinzas, con restos de civilización vivindo nas cidades gobernadas polos poderosos e tiránicos reis feiticeiros. A maxia é escasa, ao igual que o aceiro, e a psiónica goberna o mundo.

A nova edición enfrontábase a un complexo desafío, xa que tiña que adaptar un mundo onde a maxia é escasa a un sistema onde precisamente este elemento é habitual. Os cambios inclúen introducir dúas novas razas, os mestizos Mul, os insectoides thri-kreen - e reinventar o resto das razas. Outros cambios inclúen a escaseza de metal, polo que moitas armas e armaduras están fabricadas de óso madeira e pedra, con regras específicas sobre a súa posible rotura.

16 abr 2011

Aventureros al Tren



Autor: Alan R. Moon
Edita: Edge

Hai tres xogos que se consideran os mellores para introducir familias, noivas e non xogadores en xeral aos xogos de mesa: Colonos de Catán (o favorito da miña sogra), Carcassone (e as súas numerosas ampliacións) e o que máis apaixonou a todos aos que llelo ensinei (incluída xente de 70 anos que odia calquera outro xogo): Viaxeiros ao Tren.

A miña versión favorita é a de Europa, con túneles, estacións e ferrys, pero calquera é igual de divertida: Colles 1 ticket longo e de 1 a 3 curtos (o título orixinal é Ticket To Ride) e pos os teus trens unindo rutas entre cidades con vagóns na cantidade e cor indicados polo mapa. A locomotora é comodín, e en canto a alguén lle quedan só dous trens, última rolda e a recontar !

11 abr 2011

Novidades Abril



Moi interesantes as novidades de Glénat para Abril, entre elas:
"Son de Pueblo, merecido premio a Raquel Córcoles e Marta Rabadánpor un reflexo actual e co que moitos nos identificamos.
"Españistán (este país vaise á merda)" de Aleix Salgou, unha sátira de actualidade pasada polo filtro de historieta infantil de fantasía e humor
ou Aguia Vermella, a serie de TV que xa ten un máis que digno xogo de mesa, da man de JM Ruiz Córdoba e Alex Sierra.

10 abr 2011

¿Canto vale un dragón?

Unha pregunta interesante, porque é difícil poñerlle prezo a unha criatura tan maxestosa... e perigosa. Pero o seu tesouro seguro que é máis doado de cuantificar...


E iso é o que fixo un colaborador da edición dixital da revista Forbes, que a través do seu blog se atreveu a dar un prezo ao tesouro dun dragón, pero non un calquera, senón ao do mismísimo Smaug del Hobbit

http://blogs.forbes.com/michaelnoer/2011/04/06/how-much-is-smaug-tolkei-dragon-worth/ (en inglés)

É un articulo bastante interesante, e os seus cálculos (que recordemos que son hipótese) son bastante cribles. Pero se non o queredes ler o tesouro de Smaug vale a friolera de 8.6 billóns de dolares (se, billóns con b). E dado que son billóns americanos isto son 8.600.000.000 $ e en euros son 5.937.440.000 €

Bastante rico o señor Smaug.

Pero imos darlle outro enfoque a isto, ¿e en moedas de ouro canto é? É dicir, nos nosos xogos de rol ¿canto valería o tesouro de Smaug?.

2 abr 2011

D&D Essentials: Compendio de Reglas

Devir parece coller carrerilla cos lanzamentos de D&D. Acaba de anunciar a inminente posta a venda do Escenario de campaña de Sol Escuro, cando envía as tendas o Compendio de Reglas de D&D Essentials.


O libro reune as regras de xogo de cuarta edición. Son as mesmas do Manual do xogador pero presentadas de formas máis clara, cos engadidos e aclaracións que foron xurdindo dende o lanzamento desta nova edición.

Deste libro o primeiro que destaca é o formato. Ten 320 páxinas a cor, encadernada en rústica e cunhas dimensións de 15 x 22 centímetros, como unha novela. Aínda que é pequeno, o libro é bastante doado de ler grazas á súa maquetación, e a grande vantaxe deste formato é a facilidade de uso que ten.

Outro punto ao seu favor deste libro é a táboa de contido, bastante máis completa que a do Manual de Xogador.

E sen dúbida o punto forte deste libro é como explican a mecánica do xogo, dunha forma quizais máis sinxela de comprender.

A verdade é que complemento de xogo é bastante útil, e dado o seu prezo, que non é moi elevado, ata é factible que haxa máis dun en cada mesa de xogo.

D&D Essentials: Compendio de Reglas
320 páxinas a cor
Encadernación en rústica
20 €