A Sombra sobre Innsmouth é un dos relatos máis coñecidos do xenial autor de Providence H.P. Lovecraft, as creacións do cal continúan inspirando a todo tipo de artistas en medios tan distintos como o cinema, a pintura, ou a música.
Astiberri publica un novo recopilatorio de sete das súas narracións máis clásicas, ilustradas polo coruñés Antonio Vazquez, que xa puxese imaxes no 2009 á biografía novelada do outro grande mestre do terror do século XX, Edgar Allan Poe, e que soubo plasmar ese ambiente inenarrable, lóbrego e pegañento, nun estilo non moi afastado dos patróns xa clásicos do arxentino Alberto Breccia.
Este tomo é unha perfecta introdución á imprescindible narrativa do xenio que deu vida a nomes propios tan transcendentais e universais xa como Arkham, Cthulhu ou Necronomicón.
No hay comentarios:
Publicar un comentario