O xogo do que falamos hoxe está baseado nunha franquía, nunha serie de novelas chamada Xogo de Tronos e que ambientadas nun mundo medieval fantástico, nos arrastra ao xogo de poder e intrigas típicos das cortes reais.
Xogo de Tronos, na súa versión de cartas coleccionables LCG (concepto do que falaremos máis adiante), é un xogo que se basea en moitas das premisas deste tipo de xogos, é dicir, baixar recursos, construír unidades e combater o teu inimigo. Se se limitase a isto, podería estar a falar de case calquera xogo de cartas, pero Xogo de Tronos aposta por proporcionar diversas tácticas para alcanzar a vitoria final, xa sexa mediante guerra, a política ou a intriga.
En Xogo de tronos, a acción céntrase nos personaxes (un tipo de carta), xa que son os que nos levarán á vitoria. E hai que estar atentos a eles, pois os nosos contrincantes buscarán neutralizalos para alzarse eles coa vitoria.
O xogo preséntase en forma dunha caixa básica que nos proporciona as cartas necesarias para 4 xogadores, as regras, contadores e un taboleiro e fichas para un modo de xogo diferente, co que se busca engadir un nivel adicional de estratexia.
Con este modo de xogo, cada quenda os xogadores deberán escoller un papel relevante na corte ou título (como a man do rei) e que nos axudará nos nosos propósitos. Pero as cortes non son máis que outro campo de batalla, polo que estes "papeis" interactuar os uns cos outros, o que converte na propia elección deste papel noutra táctica máis coa que xogar.
Outra das características diferenciadoras de Xogo de Tronos é o seu formato. Orixinalmente vendíase como calquera outro xogo de cartas coleccionables (mazos e sobres con cartas ao chou), aínda que non tiña unha gran difusión entre os afeccionados.
Para cambiar esta situación, o seu editor Fantasy Flight Games apostou por un formato un tanto diferente. Lanzaría o xogo ao mercado nunha caixa básica con mazos preconstruídos, e posteriormente editaría as expansións nun formato moi similar, en ciclos de 6 mazos de 40 cartas fixas, eliminando o factor azar (que os autores chamaron LCG, Living Card Game).
É dicir, comprando os mazos todos os xogadores teñen acceso a todas as cartas do xogo, sen ter que preocuparse por buscar esas carta ultrarrara que che poida axudar a gañar.
Xogo de Tronos é na miña humilde opinión un xogo bastante equilibrado, dinámico e sinxelo de xogar. O feito de ser coleccionable pode restalo atractivo, pero iso compénsase co seu formato de lanzamento, xa que se simplemente queres botar unhas partidas cos amigos, coma se dun xogo de taboleiro se tratase, che pode chegar coa caixa básica.
No hay comentarios:
Publicar un comentario