Trátase dunha edición que emula a edición da caixa orixinal de D&D, aínda que adaptada ás regras de D&D cuarta edición (a última presentada).
Nesta caixa atópase todo o necesario para introducirse no mundo dos xogos de rol de forma sinxela. Dous libros de trinta e dous e sesenta e catro páxinas respectivamente presentarannos as regras de xogo actualizadas, as regras de creación de personaxes, así como unha aventura completa.
Un xogo de dados, un mapa para xogar e unhas fichas de cartón acuñado complementan o contido da caixa.
Contido da caixa:
- Libro de xogo do Dungeon Master, coas regras de xogo, e contido de aventuras para heroes de niveis 1 e 2.
- Libro do xogador, que contén as regras de creación de heroes e unha aventura en solitario.
- Unha folla de fichas de cartón acuñado a dobre cara, representando aos heroes e os monstros.
- Folla de personaxe e cartas de poderes.
- Un mapa de combate de dobre cara.
- Seis dados poliédricos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario