Guión/Debuxo: Tsugumi Ohba e Takeshi Obata.
Editorial: Norma
Xénero: Shonen
O argumento de 'Bakuman' céntrase na vida de dous novos estudantes de 9º grao, Moritaka Mashiro e o escritor Akito Takagi que desexan ser mangakas e conseguir que a súa manga sexa levado ao anime. Moritaka está namorado de Miho Azuki, unha compañeira de clase que soña con chegar a ser seiyu (actriz de dobraxe) e cando Akito o descobre, empeza a chantajearle para que debuxe un guión seu.
En definitiva unha historia sobre os sonos da xuventude con humor, algún romance e as situacións cotiás deste mundillo.
Unha serie moi esperada por aqueles afeccionados de Death Note xa que os seus autores son os mesmos. Aínda que non parece seguir unha trama nin sequera parecida, se promete ser unha gran historia.
Tamén nos poderemos atopar con varias curiosidades xa que dentro da mesma historia se fan varias referencias a cultura pop e manga, entre eles a serie Death Note (a anterior colaboración de Ohba e Obata), Naruto, Bleach, One Piece e Dragon Ball.
Tamén existen rumores sobre a verdadeira identidade Tsugumi Ohba xa que se se cobre a parte de abaixo do logo de Bakuman, pode lerse RAKIIMAN, a mesma pronunciación da escritura en xaponés Luckyman, onde casualmente recibe o mesmo nome un exitoso manga da Shonen Jump "tottemo! Luckyman", de Hiroshi Gamou.
Moita xente di que son o mesmo debido a numerosas pistas no manga e o grande parecido entre Tottemo! Luckyman e o manga ficticio creado polo tío defunto de Moritaka (Tio dun dos personaxes principais desta serie).
Xa podeis gozar do tomo 3, asi que xa sabeis... a ler todo o mundo e opinar sobre se creedes esta teoría ou non!
No hay comentarios:
Publicar un comentario