9 sept 2010

Area 10



Guión: Christos N. Gage
Debuxo: Chris Samnee
Ed: Panini (Vertigo)

Area 10 é un thriller policiaco con toques sobrenaturais no que un detective de Nova York ha de atopar un asasino en serie que se dedica a decapitar aos seus victimas tras practicarlles un orificio na fronte para que consigan visión precognitiva, algo que o noso protagonista está a sufrir en si mesmo tras a ferida que le inflingieron accidentalmente no seu último caso.

A formulación é tan negra como o debuxo, que inicialmente pode parecer mesmo ochentero no seu concepto e estética, pero que ao final resulta un medio eficaz de relatar de forma axeitada e clara unha historia chea de sorpresas e xiros argumentales, con tensión ata o final ao estilo do filme "Tesis".



Outras referencias que poden vir á cabeza son Expediente X, Fringe, Seven, e mesmo Dexter, pero con ese toque de parapsicoloxía polos efectos da trepanación que permite ter unhas visións que lle dan o toque xusto ao cómic para permitir unhas cantas escenas que o poñen por enriba da media. E ao final átanse todos os cabos, aínda que algún nó non remate de cadrar de todo.

Pros: Ambiente, xiros, lectura áxil, aditiva e moi entretida.
Contraás: a relación de amor, certos diálogos e situacións, son tan tópicos e forzados que parecen parodias en vez de homenaxes.
Conclusión: Se che gusta algunha ou calquera das referencias anteriores, e queres gozar dun Cómic Noir mestura de ideas manidas e xiros ben levados, poderás gozar dun bo anaco con Area 10.

No hay comentarios:

Publicar un comentario