14 sept 2010

Petaco



Autor: Alberto Guitián
Ed: Diabolo

Petaco é o recopilatorio de todo o material publicado na revista filial "do Xoves" para público xuvenil Mister K (onde tamén se publicou Harry Porrez de Victor Rivas), máis extras e colaboracións.
O protagonista é un adolescente actual que se pasa a vida vendo a tele, escoitando música e saíndo cos seus amigos. Vemos transcorrer as súas peripecias e as da súa cuadrilla (e Televisión, parte fundamental da súa vida) mediante páxinas de chiste único con poucas viñetas, nun debuxo claro e colorido que se axusta perfectamente ao tema.
Resumindo, un tomito recomendable para todos os públicos que queiran pasar un bo anaco.

No hay comentarios:

Publicar un comentario