Sofía e o Negro, nomeada ás mellores obras nos festivais de Angouleme e Artemisia 2010, é un tomo autoconclusivo de Judith Vanistendael en que unha nova belga se enfrontará a todo para poder continuar a súa relación cun refuxiado de Togo (país de Africa).
Desvelando Djinn é unha explicación do proceso creativo de Jean Dufaux e a gañadora do Gran Premio do Salón de Barcelona 2009, Ana Miralles, sobre a súa grande obra, que vai xa polo tomo 8.
En Neogénesis Evangelion: o plan de adestramento de Shinji Ikari, tomo 7, podemos continuar a historia alternativa do universo Eva en que podemos gozar con máis
detalle da dura vida diaria das nosas heroinas favoritas da serie.
A principal novidade Planeta para marzo é o macro tomo de 664 pags. de La morte de Clar Kent, outra volta de rosca de Dan Jurgens, responsable da mítica morte de Superman, aínda que esta vez non estea no seu mellor momento.
Dous novos tomos de Spawn este mes, a continuación da serie orixinal, superando xa a entrega 170, e o segundo tomo do espectacular Spawn Godslayer, con reminiscencias do xa clásico Spawn Dark Ages.
Panini tráenos a 4 parte dos sempre divertidos Marvel Zombies, esta vez entroncando coa saga dos Fillos da Media noite.
Estrea serie de Starcraft, non confundir coa de tomos estilo Manga editada por Norma.
E unha nova colección de Expediente X, con guións de Frank Spotnitz, Doug Moench e Marv Wolfman.
A Cúpula trae "Lulú, muller nua", do francés Étienne Davodeau, o 1er tomo sobre unha nai de familia que, hastiada da súa repetitiva vida, deixa todo atrás para encontrar novas xentes, lugares e experiencias. O 2º tomo é novidade este mes en Francia.
Aínda que a estrea da adaptación de "Alicia" de Tim Burton se atrasa a Abril, grazas a Glénat xa podemos gozar dunha fiel adaptación do inmortal conto de Lewis Carroll da man de Chauvel e Collette, en formato de luxo.
Astiberri aposta sobre seguro con outro libro de Andy Riley, esta vez con "Porcos Egoístas" en vez de conexos suicidas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario