11 mar 2010

Migrador Nocturno

Autor: Salvador Sanz
Ed: La Cúpula

Migrador Nocturno é un tomo autoconclusivo en que uns estraños seres alados empezan a poboar non só os sonos dos protagonistas... e hai moito máis por chegar.

Salvador Sanz alterna as súas clases de cómic coa creación de story-boards, gañando o premio ao mellor curto de animación na ComiCon de San Diego de 2005.
E esta mestría en contar historias nótase no ritmo da narración, no desenvolvemento dos personaxes e situacións, e nun debuxo que xa nos impresionara no seu anterior tomo "LEGION".

Podedes seguir o autor en http://salvadorsanz.blogspot.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario