13 nov 2010

Toledo


Autor: Martin Wallace
Ed: Devir

Toledo é un xogo deseñado por Martin Wallace, famoso por os seus xeniais pero enrevesadas regras de xogos como Brass ou Steam. Esta vez estamos ante un xogo doado e rápido jugable en media hora e para toda a familia. Para que vos fagades unha idea, é o favorito da miña sogra despois do "Colonos de Catán", e é aínda máis simple.
Inicialmente os xogadores abren diferentes tendas por toda a cidade para que logo os seus espadachines poidan ir comprando xemas e aceiro con que forxar logo as mellores espadas que se presentarán finalmente na catedral.

As loitas só acontecen cando queremos rematar na mesma casa que outro xogador, e resólvense levantando unha carta e comprobando se temos melloras que tamén podemos adquirir.
O xogo é principalmente de intercambio sen dados pero con cartas. É vistoso e sinxelo, ideal para todas as idades de xente que prefira avanzar e comerciar sen agresividade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario