12 nov 2010

Scott Pilgrim



Autor: Bryan Lee O’Malley
Ed: Mondadori

Hoxe estréase en España "Scott Pilgrim contra o Mundo", a 3ª película dirixida por Edgar Wright, tras as imprescindibles Zombies Party e Arma Fatal.
A narración das peripecias do personaxe encarnado por Michael Cera (ao que recordaredes de Juno e Super Saídos) ten un ritmo logradísimo e acenos constantes á cultura dos videoxogos, cunha historia contada de forma tan sorprendente como divertida.

A película teoricamente está dirixida ao público xuvenil, pero sexa cual sexa a túa idade, se tiveches algunha tempada en que gozaches de cómics ou xogos ou música cos colegas, ou se pasaches unha adolescencia chea de fantasía para enfrontarte á inseguridade da devandita etapa, non tea podes perder.

Porque ademais o filme é unha adaptación moi fiel do narrado nos 6 tomos que se acaban de rematar de publicar en España coincidindo coa estrea, e que recomendo para acabar de namorarse de todos eses personaxes de grandes ollos e trazo infantil pero cheos de enerxía e profundidade.

1 comentario:

  1. Eu non lín os comics, pero o film deume moitas ganas de facelo.

    E unha pelicula moi recomendable!!

    ResponderEliminar