13 may 2010

Frank Frazetta




Ed: Planeta
Autores: Joshua Ortega, Nat Jones e Jay Fotos

O pasado luns día 10 de Maio morría aos 82 anos Frank Frazetta, un dos maiores ilustradores do século XX.

Clara influencía de incontables autores, un dos seus máis míticos personaxes, Death Dealer, orixinou varios cómics, como os debuxados por Simon Bisley para a editorial Verotik de Glen Danzig, cantante de Misfits.
Continuou a colección Liam Sharp, que logo realizaría Spawn: the Dark Ages.
Seguindo esa liña de debuxo, fantasía heroica escura, violenta e repleta de monstros, o espectacular tomo Death Dealer: Sombras de Mirahan é unha impresionante homenaxe repleta de forza, autorizada esta vez polo propio Frazetta, do que se inclúen as ilustracións en que se basea a obra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario