Lettera é un dos espectaculares títulos con que Glénat estrea a súa nova liña de tomos autoconclusivos estilo Manga realizados por autores españois e sudamericanos. A rechamante e económica nova liña denomínase "Gaijin" (alcume despectivo dos xaponeses para os estranxeiros).
Panini tráenos "Marvel - Relatos Estraños", en que os mellores autores do panorama independente nos dan as súas peculiares versións dos máis famosos superheroes da casa das ideas.
Norma edita "Greyshirt - Indigo Sunset" de Rick Veitch, continuación do personaxe xurdido nas Tomorrow Stories de Alan Moore, cunhas colaboracións de primeira liña e un listón moi alto a todos os niveis.
Planeta publica Uncle Sam, unha sorprendente obra sobre a historia máis oculta de América, do hiper realista Alex Ross (Kingdom Come), e que foi nomeada aos Eisner.
Novo tomo do sempre magnífico Usagi Yojimbo, de Stan Sakai, un cómic tan recomendable como todos os anteriores, totalmente disfrutable para todas as idades e gustos.
Da mente de Max Brooks, autor do imprescindible "Guerra Mundial Z" que Bradd Pitt levará á gran pantalla, chega "Zombi - Guía de supervivencia: Ataques Rexistrados", a parte final do libro homónimo, en formato cómic-book. Nada menos que 100.000 exemplares vendidos en USA o primeiro mes. A ver se a versión hispana de Mondadori ten unhas vendas equiparables.
No hay comentarios:
Publicar un comentario