25 oct 2010

Finde Samain


Ide apuntando na vosa axenda, porque esta fin de semana vén cargado de actividades, e non só por Samain:

Do venres 29 de Outubro ao luns 1 estará aberto o 26 Salón do Manga de Barcelona, o principal evento destas características da península.

O Sábado 30 de Outubro é o Games Day de Magic coas novas "Cicatrices de Mirrodin", ás que aínda estás a tempo de apuntarte en Ferrolterra en Metropolis Comics.

O domingo 31 é o último día en que podedes acudir ao Salón do Cómic de Cangas de Morrazo, en que BD Banda celebra o seu décimo aniversario.

O festivo luns 1 de Novembro terá lugar en Santiago a Zombie Walk 2010, en que podedes disfrazarvos cos amigos ás 19:00 na praza da Quintana.

23 oct 2010

Salon do Comic de Cangas



O Salón do cómic de Cangas de Morrazo abre as súas portas na súa edición número 14 dende hoxe Venres 23 ata o próximo domingo día 31.

A celebración deste ano non foi nada doada, pois estaba anunciada para Xullo, pero grazas a que Banda Deseñada asumiu a organización, á fin poidamos gozar das súas exposicións, actos e presentacións ata fin de mes.

O Programa completo tédelo en http://www.culturagalega.org/imaxes/docs/programas_cangas2010.pdf

18 oct 2010

Taller Manga




O concello de Ferrol, a través da súa Biblioteca Municipal, comeza un taller de lectura de manga, unha iniciativa pioneira sen dúbida en toda Galicia.

Para inscribirche só tes que chamar ou diríxete á Biblioteca central na Praza de España.
As prazas son limitadas e quedan moi poucas.

A encargada do devandito taller é a nosa colaboradora Bea (Myu-chan), e celebrarase en martes alternos a partir de mañá 19 de setembro, en horario de 18:00 a 19:00

+ info en http://www.ferrol.es/biblioteca/

4 oct 2010

Novidades Outubro



Lettera é un dos espectaculares títulos con que Glénat estrea a súa nova liña de tomos autoconclusivos estilo Manga realizados por autores españois e sudamericanos. A rechamante e económica nova liña denomínase "Gaijin" (alcume despectivo dos xaponeses para os estranxeiros).

Panini tráenos "Marvel - Relatos Estraños", en que os mellores autores do panorama independente nos dan as súas peculiares versións dos máis famosos superheroes da casa das ideas.

Norma edita "Greyshirt - Indigo Sunset" de Rick Veitch, continuación do personaxe xurdido nas Tomorrow Stories de Alan Moore, cunhas colaboracións de primeira liña e un listón moi alto a todos os niveis.