19 abr 2010

Festa da Lectura


Do mércores 21 ao domingo 25 de Abril teremos no parque do Cantón de Molins
a 21 Feira do libro de Ferrol, subtitulada "Festa da lectura, do libro e da palabra".

Aberta de 11 a 14 e de 17 a 21 horas, é unha oportunidade perfecta para poder pasear e que actuais e futuros lectores de todas idades poidan achegarse a escoller as súas próximas apaixonantes horas ante a letra impresa (e o debuxo) a un prezo excepcional.

Haberá presentacións, charlas, coloquios, actuacións musicais, xogos, espectáculos de conta contos e maxia, e mesmo un maratón de lectura.

O venres 23 é San Jorge, día en que é tradición regalar libros en cataluña, e como o Día da Nai se celebra o próximo domingo día 2 de Maio, convén volver recordar que non hai mellor regalo que un bo libro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario