24 jul 2010

HysteriCoach



Creador: Walter Obert
Edita: Edge

Tras a vitoria de España no Mundial, desatouse aínda máis o furor pola vermella e o deporte rei.
Pero como encher o oco ata que comece a liga ?
De que falar cos colegas nas próxima reunión da súa casa, en que ademais están as respectivas noivas ?
Edge tráenos a solución: HysteriCoach, un Party Game para pasalo pipa, aínda que non vos guste
nada de nada o futbol (como é o meu caso).
As risas, tensión, berros, e, por suposto, goles, están asegurados.

17 jul 2010

Magic 2011


Esta fin de semana é o máis importante do ano para o pai dos Xogos de Cartas Coleccionables, e que mellor resistiu o paso dos anos: Magic estrea a súa Edición Básica 2011 con clásicos como "Ángel de Serra" ou "Relámpago", e novas incorporacións que darán que falar como "Estampida abrumadora" o "Reverberar".


Unha oportunidade magnífica para empezar no xogo que revolucionou tanto os xogos de mesa como os de rol e os de cartas hai case 20 anos, ao comezar cun paquete inicial completo con todo o que necesitas.
E tamén un momento que non poden deixar pasar os veteranos para lograr cartas tan potentes e desexadas como os Planeswalker.

14 jul 2010

A Por Ellos



Guión: Pepe Caldelas
Debuxo: Pedro Delgado
Cor: Ander Zarate

O pasado domingo a Vermella conseguiu un fito histórico ao proclamarse vencedora do Mundial de Futbol 2010 en Sudáfrica.
Para celebralo e apoiar tal logro non hai mellor forma que comprar o tomo en tapa dura editado por Panini "A por eles", produto oficial da Selección Española de Futbol.

Se hai anos gozaches con "Oliver e Benji", este cómic vaiche encantar, porque é non só futbol, tamén toda unha batalla galáctica contra monstros, robots... e mesmo clons malignos !

12 jul 2010

Dave McKean en Coruña



Dave McKean, portadista de Sandman e autor xunto con Neil Gaiman de obras mestras como "Casos Violentos" e "Mr. Punch", será este ano o convidado de honra no Salón del Cómic "Viñetas dende O Atlántico" que se celebrará na capital coruñesa do 9 ao 15 de Agosto de 2010 na súa edición número XIII.

Ademais do ilustrador inglés, haberá exposicións monotemátivas sobre o falecido mestre Will Eisner, creador de "Spirit", e outra sobre "esqueletos", entre outras.

Podes atopar máis información en http://culturagalega.org/bd/index.php