Mostrando entradas con la etiqueta Planeta DeAgostini. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Planeta DeAgostini. Mostrar todas las entradas

30 mar 2012

Anne Freaks

Guión e debuxo: Yua Kotegawa

Editorial: Planeta DeAgostini

Xénero: Seinen

Foi serializado orixinalmente na revista Shonen Ace no 2000.



16 mar 2012

¡TOTO! The wonderful adventure

Guion e debuxo: Ousada Yu-Ko
Editorial: Planeta DeAgostini
Xénero: Shonen

Apareceu por primeira vez na Weekly Shonen Magazine en marzo do 2003 e pasou a ser publicado por varias casas editoriais de manga.



14 mar 2012

Xogo de tronos: A banda deseñada

Planeta DeAgostini Cómics ten o pracer de presentar a adaptación oficial da brillante novela Juego de Tronos. Agora, George R. R. Martin únese ao aclamado novelista Daniel Abraham e ao debuxante Tommy Patterson para insuflar nova vida á obra mestra da fantasía heroica Canción de xeo e lume como nunca se vira antes: nunha novela gráfica a toda cor, dando unha visión única sobre o mundo ideado por Martin.

Este volume inicia a adaptación de Xogo de tronos, a primeira parte da saga bestseller en todo o mundo, que será recollida en catro entregas. A primeira para abril 2012.

A DESTACAR
  • La colección xerada por George R.R. Martin é unha mestura xenial de fantasía épica, traizóns sorprendentes, familias enfrontadas, personaxes ricos en matices e xiros inesperados, que atrapa o lector nunha hipnotizante e perigosa encrucillada.
  • Incluye portadas de Alex Ross, famoso ilustrador norteamericano, multipremiado polo seu labor cos principais superheroes do cómic.
  • La primeira tempada da serie obtivo grande éxito de audiencia, premios e óptimas críticas. En España, emítese en Canle + e Antena 3. A esperada segunda tempada estréase en abril.

Finalmente, achegamos o link ao precioso booktrailer que confeccionamos para a ocasión. Talvez o inverno non se achegue, pero si o cómic...

22 feb 2012

Star Wars no comic


O Taller dos Heroes: Que a forza vos acompañe…

Despois de que o autor destas entradas estivese enfermo durante uns días :P , recuperamos esta sección (esperamos que xa de maneira regular). E facémolo hoxe falando dunha das máis famosas sagas da historia do cinema... un momento... Cinema? Non era esta unha sección de cómics? Se, e ségueo sendo. Pero é que o éxito de Star Wars, a gran epopea cósmica ideada por George Lucas, foi tal, que pronto derivou en multitude de merchandising e produtos que fixeron as delicias dos afeccionados... e por suposto, tamén unha gran cantidade de aventuras gráficas, que aínda hoxe en día continúan publicándose.


Atrevédesvos a viaxar a unha galaxia moi, moi afastada...?

7 ene 2012

Nogami neuro, o detective demoníaco

Guión e debuxo: Yusei Matsui
Editorial: Planeta DeAgostini
Xénero: Shonen

Comezou a editarse en Xapón no ano 2005 pola revista Weekly Shonen Jump.



23 dic 2011

Nora, the last chronicle of devildom


Guión e debuxo:  Kazunari Kakei

Editorial: Planeta DeAgostini

Xénero: Shonen

Comezou a publicarse en Xapón no ano 2004.



23 nov 2011

BRAINIAC DE GEOFF JHONS Y GARY FRANK


Geoff Jhons, un dos puntais das novas sagas de DC, revisita un dos inimigos por antonomasia de Superman, refacendo a relación entre este e o home de aceiro. Esta revisión do personaxe daría despois pé á saga de Novo Kripton, xa que nela se presenta o inicio da nova situación de Kandor na terra.



28 oct 2011

Gunnm


Guion e debuxo: Yukito Kishiro

Editorial: Planeta DeAgostini

Xénero: Seinen

Gunnm (Alita, anxo de combate) Comezou a publicarse en Xapón entre 1991 e 1995 na revista Business Jump. Unha serie de problemas nerviosos forzaron a Yukito Kishiro a finalizar prematuramente a súa publicación.

Poucos anos máis tarde tivo a oportunidade de retomar as partes da historia que omitiu por medio da secuela GUNNM Last Order, enlazando directamente dende unha parte do noveno volume de Gunnm - Alita, anxo de combate (Volume 9, capítulo 4, a partir da páxina n°16), rescatando parte deste como punto de partida de Gunnm Last Order e desbotando o resto do noveno volume.



24 jun 2011

Detroit Metal City

Guión e debuxo: Kiminori Wakasugi
Editorial: Planeta DeAgostini
Xénero: Seinen

O manga comezou a publicarse en Xapón no ano 2005 pola revista Young Animal. O nome orixinal do manga é unha parodia da canción Detroit Rock City de KISS.

27 may 2011

GHOST IN THE SHELL 01: PATRULLA ESPECIAL GHOST

Guion e debuxo: Shirow Masamune
Editorial: Planeta DeAgostini
Xénero: Seinen

A esperada reedición da obra máis coñecida de Masamune Shirow, coincidindo coa segunda parte da obra: Manmachine Interface.



18 feb 2011

Uzumaki

Guión/Debuxo: Junji Ito
Editorial: Planeta d agostini
Xénero: Seinen
Todo comeza, se é que comeza, con estraños sucesos dentro dun pobo na cál o pai do noivo de Kirie, Shuichi, obsesiónase coas espirais ata o extremo de morrer da peor forma posible. Máis adiante a nai de Shuichi tamén é parte da espiralmania e morre horriblemente. Pouco a pouco o pobo somérxese mais e mais na espiral. A xente tolea debido ás estrañas circunstancias que se presentan. Mortes estrañas, o fume que salgue do cremador forma unha espiral. Furacáns, Caracois xigantes, imaxes bizarras e perturbadoras, o ambiente é totalmente macabro e a loucura é o que máis atrae.
¿Poderán Kirie e Shuichi escapar deste maldito pobo, ou serán levados ao centro da espiral?



O 11 de febreiro de 2000 a lanzo en Xapón, unha adaptación nunha película de acción real chamada Uzumaki, dirixida por Higuchinsky. Unha historia non apta para menores, que calquera fan do terrorífico, sicológico ou gore non pode deixar pasar. Ademais xa están dispoñibles todos os seus tomos así que non hai que esperar para ver o final.

24 ene 2011

Novidades de Xaneiro de Planeta deAgostini

Tegami Bachi nº 2


  • Guión/debuxo: Hiroyuki Asada
  • Formato: Libro rústica, 200 pág, B/N con páxinas a cor.
  • Prezo: 7,95€

Armamento alquimista nº 2



  • Guión/debuxo: Nobuhiro Watsuki
  • Formato: Libro rústica, 192 , B/N
  • Prezo: 7,95€


Dr Slump Ultimate edition nº 9


  • Guión/debuxo: Akira Toriyama
  • Formato: Libro rústica, 248 pág., B/N con páxinas a cor.
  • Prezo: 9,95€


Kamikaze Kaito Jeannekanzenban nº 6




  • Guión/debuxo: Arina Tanemura
  • Formato: Libro rústica, 224 pág, B/N
  • Prezo: 10,95€


Detective Conan Volumen 2  nº 69





  • Guión/debuxo: Gosho Aoyama
  • Formato: Libro rústica, 192 pág, B/N
  • Prezo: 7,95€


One Piece nº 5




  • Guión/debuxo: Eiichiro Oda
  • Formato: Libro rústica, 208 pág, B/N
  • Prezo: 6,95€


BoBoBo - Bo Bo – BoBo nº 20




  • Guión/debuxo: Yoshio Sawai
  • Formato: Libro rústica, 192 pág, B/N
  • Prezo: 7,95€

8 jul 2010

V de Vendetta Absolute




Guión: Alan Moore
Debuxo: David Lloyd
Ed: Planeta

Esta nova edición é outra oportunidade de redescubrir un cómic que marcou época e que para moitos é a mellor obra do guionista británico, aínda que este posto probablemente corresponda a Watchmen.

A historia lévanos a unha Inglaterra oprimida contra a que loita o enigmático "V" no seu disfrace de Guy Fawkes, e o proceso polo que terá que pasar a nova Evey Hammond para poder enfrontarse aos opresores.

12 mar 2010

Astral Project




Debuxo: Syuji Takeya
Guión: Marxinal
Editorial: Planeta DeAgostini

As viaxes astrais son un dos elementos máis característicos da cultura esotérica e espiritual, tanto en oriente como en occidente. Estes sonos lúcidos, como tamén llos/llelos coñece, fálannos da capacidade de ser humano para desdobrarse en corpo e alma, ou corpo e espírito: a esencia espiritual da persoa sepárase do corpo material ou físico e, deste xeito, é capaz de trasladarse a grandes distancias ou, simplemente, observar a persoa dende fóra de si mesma.

26 feb 2010

Pluto




Autor: Naoki Urasawa / Osamu Tezuka
Edita: PlanetaDeAgostini
Xénero: Seinen

7 de Abril de 2003. Esa foi a data de nacemento que elixiu Osamu Tezuka para o protagonista de "Astroboy", cando se empezou a publicar nos anos 50. Hai xa uns cantos anos que deixamos esa data atrás, pero o 2003 foi indubidablemente o ano Astroboy: reemisions, reedicións, nova serie de animación e... Pluto, manga realizado para a ocasión por Naoki Urasawa.

19 feb 2010

One Piece





Autor: Eiichiro Oda
Edita: Planeta DeAgostini
Xénero: Shonen

Comezou a publicarse en Xapón en 1997 na revista Shonen Jump conseguindo ser o manga máis vendido da historia da devandita revista con máis de 158 millóns de copias. Na enquisa realizada pola Axencia de Cultura Xaponesa, sobre os 50 mellores animes e mangas de Xapón, One Piece alcanzou o posto 11.
En España xa podemos gozar do tomo número 50.

4 dic 2009

Nana


Autor: Ai yazawa
Ed: Planeta
Xénero: Josei (manga creado principalmente por mulleres para un público de mulleres novas e adultas)

Comezou publicarse en Xapón o 15 de Maio do 2000. Os 12 primeiros volumes da serie venderon máis de 22 millóns de copias converténdose ademais no mellor manga editado en España.

Nana Komatsu é unha rapaza frívola, enamoradiza e supersticiosa. Nana Oosaki é unha rapaza solitaria, independente e decidida. Dúas rapazas co mesmo nome e idade pero que non teñen nada en común. Debido a certas circunstancias persoais as súas respectivas vidas acaban de sufrir un forte cambio e case por casualidade, Tokyo unirá ás dúas mozas entre as que nacerá unha intensa amizade. Rematarán compartindo piso e xuntas vivirán os seus particulares historias de amores e desamores, os seus problemas, os seus sonos, inquietudes persoais e segredos.

3 dic 2009

Lobo: Unbound


Este número 14 pecha a colección completa dun dos personaxes máis emblemáticos, paródicos e ultraviolentos do Universo DC, que saltou á fama polos ácidos guións de Alan Grant e Keith Giffen e os salvaxes debuxos de Simon Bisley.