Mostrando entradas con la etiqueta anime. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta anime. Mostrar todas las entradas

18 mar 2011

Tokio Magnitude 8.0


Con todo o que está a pasar en Xapón é interesante falar de "Tokyo Magnitude 8.0", un Anime de 11 episodios dirixido por Masaki Tachibana e escrito por Natsuko Takahashi, que tras decatarse de
que había un 70% de posibilidades de que sucedese un terremoto como mínimo de categoría 7.0 na escala de Richter (ao final foi de 8.8), estudou as posibles consecuencias, entrevistou xente afectada por terremotos anteriores e intentou plasmar todo iso da forma máis realista posible.
O resultado pareceuse escalofriantemente ao acontecido, aínda que na súa primeira parte se centra no caos e a segunda metade da serie se centra máis na protagonista e como perdeu todo, tendo partes demasiado lentas e non tan realistas.
[Edu Gorende]

25 feb 2011

Japan Weekend Barcelona

Este ano celébrase a cuarta edición do Japan Weekend Barcelona, no Palau de Congressos de Catalunya. Evento dedicado ao mundo do manga e todos os aspectos que o rodean. Isto tradúcese en moito manga e anime, videoxogos, tradición e cultura xaponesa, superheroes, tecnoloxía e cinema pero abrigo moitas actividades, concursos, xogos, cursos, talleres, exposicións e concertos.
Todo en 2 días espectaculares para non se aburrir nin un só segundo.


Celebrarase en Barcelona os días 26 e 27 de febreiro de 2011. Terá como punto álxido a final nacional do Yamato Cosplay Cup español e contase con diferentes convidados como Spirit d'Air ou Lina Lau entre outros.