Mostrando entradas con la etiqueta concurso. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta concurso. Mostrar todas las entradas

2 dic 2010

Lote Comics



A resposta correcta á pregunta que vos faciamos en Novembro é "In Requiem", de Rebeca Saray.

Entre todos os que enviastes a resposta correcta ao noso correo ou ao noso facebook realizamos o sorteo usando a ferramenta http://www.sortea2.com

e o gañador do lote dos 6 cómics de Norma foi:

Roberto Saavedra, de Ferrol.

Antes de nadal terá na súa casa os volumes, e todos os demais permanecede atentos porque esperamos poder ofrecervos máis material en breve.

Podedes comprobar os participantes, data, hora e demais datos en http://www.sortea2.com/versorteo/15516

15 nov 2010

Concurso Novembro


Grazas a Norma Editorial este mes imos regalar entre os nosos lectores un variado lote de nada menos que 6 cómics 6:

- Hellboy: el hombre retorcido
- El Barón de Ballantrae
- Aphrodite IX
- Las Aventuras de Indiana Jones
- Por los Caminos Oscuros 2: Los fantasmas
- Bouncer 7: Corazón Desgarrado

Só tedes que cumprir 2 condicións: que a vosa dirección sexa de Galicia, e que contestedes correctamente á seguinte pregunta:

- Cál é o nome do 2º libro de Rebeca Saray (Dosis) publicado na liña Eclipse ?

Mandade as vosas respostas xunto a Nome, Dirección completa, teléfono e e-mail ao noso correo mergulladas@gmail.com ou ao noso facebook http://www.facebook.com/mergulladas

Todos os vosos correos e información persoal se usarán exclusivamente para o concurso, e borrásense en canto finalice.
O prazo de recepción de respostas remata o 30 de Novembro. Sorte a todos !!!