26 abr 2010

Expomanga 2010


Un ano máis celébrase esta fin de semana en Madrid el Expomanga, salón dedicado ao Manga e a cultura oriental.
Haberá stands, figuras, cómics, OVAs, libros de ilustracións, xogos, cancións, cosplay, concursos, e moitos afeccionados cos que gozar e intercambiar impresións.

Os galegos só teremos que esperar un mes para que chegue a Coruña o noso propio ExpOtaku, de similares características e ofertas, os días 22 e 23 de Maio.

19 abr 2010

Festa da Lectura


Do mércores 21 ao domingo 25 de Abril teremos no parque do Cantón de Molins
a 21 Feira do libro de Ferrol, subtitulada "Festa da lectura, do libro e da palabra".

26 mar 2010

Biomega




Autor: Tsutomu Nihei
Ed: Panini

Acábase de publicar o Sexto e último tomo de Biomega, nosa cómic recomendado do mes. Un cómic que inicialmente xuntaba nun só título os temas favoritos da nosa xeración: cyberpunk escuro, enche mundial zombie, acción a cachón, naves xigantes, robots, mechas, androides e intelixencias artificiais, pero que acabou converténdose nunha epopea de proporcións épicas en solo 6 tomos, pechando un arco que continua e mellora a imprescindible serie "BLAME" cuns xigantescos escenarios viventes ao Giger que mesturan partes orgánicas, mecánicas, cables, tecnoloxía, e carne.

19 mar 2010

Starcraft: Primera Línea




Varios Autores
Edita: Norma

Starcraft é, ao igual que Warcraft, outro dos grandes videoxogos pertencentes a Blizzard Entertainment que a vai plasmado en papel para mostrar aos seus seguidores ese universo bélico de fantasía futurista que viu a luz en 1998. Ofrecendo un punto de vista distinto ao coñecido no videoxogo, este cómic con tinguiduras manga pretende invitar a coñecer máis a fondo as tres razas que loitan pola supervivencia en Starcraft.
En total, logrou vender preto de 9,5 millóns de unidades, alcanzando o privilexio de ser un dos videoxogos máis vendidos da historia.